Esta é a bolboreta que atopamos na pista o pasado martes. O primeiro que nos sorprendeu foi o seu tamaño. Desde a cabeza ata apunta da cola medía 7 cm. Trátase dunha bolboreta nocturna, unha "esfinxe" chamada Esfinxe da correola (
Agrion convolvuli). As esfinxes se alimentan libando néctar das flores coa súa longa "trompa", entre outras das correolasd, que introducen no tubo que forman as flores.
Estas bolboretas son nocturnas, por iso cando a collemos estaba totalmente inmóvil e se deixou meter no terrario. En canto chegou a noite, comezou a bater as ás e amosou a súa beleza. Fixádevos nas cores do seu abdome. Nese momento, tivemos que liberala xa que se golpeaba coas paredes do terrario. Inmediatamente que lle abrimos a tapa botou a boar cara o ceo.
 |
| Ilustración da "Guía de campo de lasmariposas nocturnas de Europa" (editorial Omega) |
Impresonante! Engadimos outra especie ao listado aparecido en Andaina. Noraboa chicos/as polas vosas dotes de observadores da natureza!
1 comentario:
Que fotos tan bonitas
Publicar un comentario