Lembrades o vídeo grabado pola NASA na superficie da lúa no que unha pluma e un martelo caían á mesma velocidade? Creo que todos sabemos que, en ausencia de aire todos os obxectos caen á mesma velocidade por acción da gravidade.
Aquí tedes a versión moderna de ese experimento, feito nunha cámara de baleiro (da que se extrae todo o aire). Neste caso os protagonistas son unha bola de bolos e unha pluma. Caerán á vez? En menos de catro minutos podedes comprobalo.
Entón, a que se debe que os obxectos caian a distinta velocidade? Ao rozamento co aire. A velocidade de caída (a aceleración) en ausencia de rozamento é independente da masa dos obxectos.
Por certo,o vídeo forma parte da serie Human Universe, da BBC, moi recomendable. Neste enlace de YouTube tedes o capítulo 1.
Moitas grazas Sara polo enlace.
Mostrando entradas con la etiqueta 4FQ01. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 4FQ01. Mostrar todas las entradas
5/11/14
21/10/12
Gráficas do movemento
Nesta aplicación (apple Java), podedes comprobar como se xeran as gráficas du novimento con aceleración constante. Probade a introducir diferentes valores de velocidade, primeiro con aceleración 0 e logo con diferentes valores para a aceleración. Para cada proba comparade as gráficas para comprender como se van modificando.
Aquí retomamos unha páxina web xa coñecida da Universidade de Colorado. Nesta simulación (no índice PhET Movimiento 2d) amósase o vector de velocidade e aceleración en diferentes momentos do movemento.
E se queredes xogar coas forzas, probade a entregar os obxectos de "Transportes el Robot" nesta outra simulación da mesma web: Fuerzas y Movimientos. O meu récord é de 856 puntos.
![]() |
| Applets Java de Física |
Aquí retomamos unha páxina web xa coñecida da Universidade de Colorado. Nesta simulación (no índice PhET Movimiento 2d) amósase o vector de velocidade e aceleración en diferentes momentos do movemento.
![]() |
| PhET Movimiento 2d en Phet Simulations |
![]() |
| Fuerzas y Movimientos en Phet Simulations |
6/10/12
Web resumida da cinemática
Nesta web tedes case toda a información necesaria sobre os movementos, as súas gráficas, etc.
Probade a facer algunha das actividades interactivas, sobre todo as que amosan como se debuxan as gráficas. (Moitas dos enlaces fallan, pero con paciencia ide probando)
E para solucionar problemas, ide ao enlace que nos leva á web de FisicaNet. E se tedes dúbidas consultade mediante os comentarios.
A traballar!!!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)