Mostrando entradas con la etiqueta 1BX01. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1BX01. Mostrar todas las entradas

15/10/12

Stellarium: planisferio celeste virtual

Para os que vos gustara o Stellarium (planisferio celeste virtual), aquí tedes a web na que podedes descargalo gratuitamente. A versión máis moderna a día de hoxe é a 0.11.4. Déixovos unhas capturas de pantalla para animarvos a que o probedes.


Formato en 3D máis realista e actualizado

Buscador de obxectos e control máis exacto do tempo

Constelacións coas formas imaxinadas

Vía Láctea: o resumo

Aquí tedes o documento en pdf da Vía Lactea. feito polos Museos Científicos Coruñeses.



Podedes descargalo desde aquí ou desde a web orixinal.

7/10/12

O Universo, a Vía Láctea e o Sistema Solar

Páxina web para a realización de actividades relacionadas co tema da Terra no Universo.

Proxecto Biosfera "El Universo, la Vía Láctea y el Sistema Solar"

Actividades a realizar:
- Menú superior: "Actividade inicial" (puzzles e preguntas).
- Menú superior: "Actividades": número 1, 3, 5, 11, 14, 36.
(Por suposto, que podedes facer calquera outra actividade que vos resulte de interese)

Se tes dúbidas, podes intentar solucionalas na pestaña "Contenidos".
Podes facer unha captura de pantalla (ou un pdf) das túas respostas e envialas por correo electrónico.

Ánimo!

6/10/12

Así naceu a Vía Láctea

Para ilustrar como se orixinou a Vía Láctea, a nosa galaxia o Centro de Supercomputación de Suiza empregou oito meses en facer os cálculos para esta recreación (nun PC estes cálculos levarían máis de 500 anos de traballo do ordenador).

A partir dunha nebulosa e debido á gravidade, vaise formando a nosa galaxia ata acadar o seu aspecto actual co núcleo, brazos, etc.





Lembrade que no inglés de moitos paises, como os Estados Unidos, "one billion" significa mil millóns.

28/9/12

As escalas no Universo

En 1968 Ray e Charles Eames escribían e dirixían o documental "Powers of ten" (Potencias de dez). Amosa as diferentes escalas do Universo en función de potencias de 10 de tamaño, multiplicando ou dividindo por 10 a escala de observación. Cada 10 segundos cambia o punto de vista, desde máis alá da nosa galaxia ata un protón en pouco máis de oito minutos. Na web Powers of Ten podedes disfrutar do vídeo e máis información.







Coas novas tecnoloxías agora podemos facer esta comparación e esta viaxe de diferentes formas interactivas. Aquí van varios exemplos das "escalas do Universo".





Copyright 2012. Magnifying the Universe by Number Sleuth.




Aquí vai outra, máis simple, que chega ata a lonxitude de Planck (10-35):

En HTwins 


E esta é a versión de Nikon (pinchade no enlace debaixo):

http://www.nikon.com/about/feelnikon/universcale/index_f.htm

23/9/12

O Universo un pouquiño máis claro

Co difícil que pode resultar entender como funciona o Universo, aquí tedes dous enlaces para intentar entendelo un pouco mellor:

A web astromia.com fai un resumo de un montón de temas relacionados co Universo, dende a súa orixe ata as estrelas, personaxes e incluso un Glosario de termos para entendelo todo. Non deixedes de visitala (por exemplo para ver como explican a orixe do Universo)


Nesta outra web poderedes ver unha animación sobre a evolución das estrelas e intentar responder a algunhas preguntas de avaliación.

Saúdos, e xa nos contaredes o que descubrides nestas páxinas.

18/12/10

Os brazos da Vía Láctea dous ou catro?

Non facemos máis que estudar unha cousa e veñen os científicos para correxirnos. Iso é Ciencia. Se na aula estudamos que a Vía Láctea ten catro brazos, agora os astrónomos (en realidade EN 2008) dinos que ten ous.

Aquí tedes un enlace, e outro.


"Dos y no cuatro, como se creía hasta ahora, son los brazos principales de estrellas en forma espiralada que tiene la Vía Láctea, según anunciaron expertos de la NASA. La verdadera estructura de la galaxia fue revelada por imágenes tomadas por el telescopio espacial spitzer.

La agencia espacial indica en su página web que el equipo de científicos estadounidenses que formuló la rectificación de la vieja estructura se valió de 800.000 instantáneas infrarrojas tomadas por el Spitzer, que es capaz de traspasar el polvo y permite ver la gran cantidad de estrellas que la Vía Láctea reúne en su centro.

Así, dieron por tierra con la anterior teoría fundada en la observación de gases, según la cual la estructura de la galaxia estaba compuesta por cuatro brazos principales de estrellas: Norma, Scutum-Centauro, Sagitario y Perseo. Los expertos descubrieron ahora, a través de las últimas fotografías, una mayor densidad estelar en la segunda y en la cuarta, que no aparece en las otros dos. Esos brazos menores, comprobaron, están sólo compuestos por gases y pequeñas zonas de formación estelar.

El valioso aporte permite establecer "por primera vez la estructura, posición y ancho de los brazos", manifestó entusiasmado el investigador Robert Benjamin, de la Universidad de Wisconsin, y concluyó que el Spitzer otorgó "un nuevo punto de partida para comenzar a repensar la estructura de la Vía Láctea"."



14/11/09

Chuvia de estrelas!

O 17 de novembro temos una cita.

Esa noite terá lugar a "chuvia de estrellas" máis espectacular do ano e dos últimos anos (ou iso se prevé). Son as Leónidas, coñecidas con ese nome porque para observalas mellor debemos mirar á constelación de Leo, cara o horizonte leste. a lúa nova nos facilitará a observación (o millor dito, non a interrumpirá). A previsión é que esa noite se acaden a ver máis de 500 meteoritos á hora, de cor avermellada e unha etela verdosa que se manterá durante uns segundos.

Captura del programa Stellarium para la noche del 17 de noviembre a las 5:00 h

As chuvias de estrelas son en realidade fragmentos de po espacila, xeralmente procedentes dun comenta, de moi pequeno tamaño, pero que ao entrar na atmosfera terrestre quéimanse polo rozamento deixando a estela de luz. Neste caso, a Terra cruzará preto da banda ou fluxo de po que o cometa Tempel-Tutle deixou en 1466 (si, hai máis de 500 anos). O pico da "chuvia" (cando máis estrelas fugaces poderán obervarse) espérase a iso das 21:45 h. Veremos se non falla a previsión.


Este fenómeno é anual (o outro gran momento do ano son as Perseidas de agosto), porén este ano espérase moito máis intenso. Por iso non deberíamos perdelo. Así que: afastémenos un pouco da cidade (para evitar a contaminación lumínico), abriguémenos e poñámonos cómodos, preparemos o nos planisferio... e a gozar! (se é que as nubes nos dan un respiro).

Más información:
- Noticia en Neoteo.
- Stellarium (blog)
- As Leónidas en Wikipedia
- Unha imaxe do Tempel-Tutle