Mostrando entradas con la etiqueta Terra. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Terra. Mostrar todas las entradas

1/10/12

Preguntades pola gravidade no centro da Terra?

Cando falamos da definición de materia e das súas propiedades, dicimos que "orixina gravidade". E que canto maior é a masa do obxecto, maior é a gravidade que ten. Así, na Terra, tomamos un valor medio de gravidade de 9,8 m/s2.

Logo preguntades: se hai diferentes gravidade no Polo que no Ecuador, xa que a Terra está un pouco aplastada, entón como sería a gravidade no centro da Terra? Como variaría a gravidade no interior dun túnel que atravesara o planeta?



Eu non volo vou contar, pero aquí tedes unha boa resposta, no blog Universo Cuántico, un sitio moi recomendable. Lede: 42 minutos para atravesar o planeta, a 28.00 km/h no centro... e sen aire! Non sería moi recomendable.



Moitos dos datos están sacados de este outro blog Física en la Ciencia Ficción Plus (cantas explicacións de como nos enganan nas películas!).

E cal é o pozo máis profundo que podemos excavar na superficie terrestre? O récord actual está en 12.262 metros de profundidade. Chámase Pozo superprofundo de Kola SG-3 e está no Báltico.


4/2/12

Sobre fósiles, extincións e a Historia da Terra

Aquí vos enlazo varios vídeos sobre os fósiles, datación absoluta, idade da Terra, etc. Rebuscando en Yuotube podedes atopar máis. Estes son a miña selección:

1) "La edad de la Tierra: Geocronología". Sobre a idade da Terra, a datación absoluta, etc.



2) "Extinciones masivas". Sobre as diferentes causas das extincións e como afectaron á aparición de novas especies.



3) "La evolución de las especies". Primeira parte dunha serie espectacular ("Caminando entre monstruos") que amosa as especies prehistóricas reconstruídas.


4) "Planeta Tierra: la odisea de los orígenes". E este é o vídeo que vimos na aula (o primeiro corte) por se os de 4º ESO queredes repetir.



Espero que vos gusten... e que saquedes algo en claro. Enviade as vosas dúbidas e comentarios.

Saúdos.

14/1/10

A Historia da Terra... resumida

Este é o resultado da investigación feita polos alumnos e alumnos de 4º de ESO sobre os diferentes períodos da Historia da Terra. A última era, o Cenozoico queda para o seguinte traballo.



Noraboa polo traballo!