Mostrando entradas con la etiqueta Fisica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fisica. Mostrar todas las entradas

9/2/15

Afondando na estática de fluídos

Se queres afondar nos contidos teóricos e prácticos da estática de fluídos, podes consultar a seguinte páxina web. Nela revisarás conceptos como:

- Densidade dun fluído.
- Presión.
- Ecuación fundamental da estática de fluídos.
- A paradoxa hidrostática e os vasos comunicantes.
- A prensa hidráulica.
- Conceptos novos como as bombas de baleiro, acelerómetros ou histérese.

Proba coas animacións en Java. A da prensa hidráulica é especialmente interesante.

Web de estática de fluídos
Dentro da mesma páxina web tedes outro apartado dedicado ao Principio de Arquímedes, coa teoría, flotabilidade, o diablillo de Descartes... Todo isto tamén forma parte do tema.

Web do Principio de Arquímedes


5/11/14

A nova versión da caída libre no baleiro

Lembrades o vídeo grabado pola NASA na superficie da lúa no que unha pluma e un martelo caían á mesma velocidade? Creo que todos sabemos que, en ausencia de aire todos os obxectos caen á mesma velocidade por acción da gravidade.

Aquí tedes a versión moderna de ese experimento, feito nunha cámara de baleiro (da que se extrae todo o aire). Neste caso os protagonistas son unha bola de bolos e unha pluma. Caerán á vez? En menos de catro minutos podedes comprobalo.



Entón, a que se debe que os obxectos caian a distinta velocidade? Ao rozamento co aire. A velocidade de caída (a aceleración) en ausencia de rozamento é independente da masa dos obxectos.

Por certo,o vídeo forma parte da serie Human Universe, da BBC, moi recomendable. Neste enlace de YouTube tedes o capítulo 1.

Moitas grazas Sara polo enlace.

19/9/12

O método científico

Kid Paddle no "Pequeño País" do 08/03/09



Poñémolo en práctica? :-)