Mostrando entradas con la etiqueta Fauna. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fauna. Mostrar todas las entradas

5/9/13

Barbantesas no xardín

Estes días están aparecendo moitas barbantesas (Mantis relixiosa) nos xardíns do colexio. Ao final do verán e comezos do outono as barbantesas afánanse na reprodución e en atopar un lugar no que poñer os seus ovos. Estade atentos a unha especie de escume a modo de cuspe que solidifica coma se fora cartón. Estas son as ootecas ou postas de ovos. En cada unha delas pode haber ata 300 ovos.


A barbantesa acada un ano de vida durante o cal muda ata seis veces. O aspecto das súas patas dianteiras, raptoras, delata o seu modo de caza. Permanece inmóbil á espera de que unha presa (calquera insecto como moscas, saltón, bolboretas, etc.) pase polo seu radio de acción, momento no que dispara as súas patas, capaces de atrapala mesmo ao voo. Os pequenos ganchos curvados axudan a evitar que se escape. Está dotada dun gran sentido da vista que lle permite desenvolver esta técnica, con dous ollos compostos e, no medio deles, tres simples. Ademais a cabeza pode xirar hata 180º.

Podemos encontralas en diferentes tons de verde e marrón: as dúas cores apareceron xa no colexio. Isto depende do ámbito no que realizan a súa última muda, adaptándose a cor dominante.

E o comportamento reprodutivo? Aínda que é certo que durante o apareamento a femia pode comer o macho, de menor tamaño, isto non escesivamente frecuente (danse máis casos en catividade que en liberdade). Entre as explicacións tradicionais que se deron:

- a femia ataca e devora todo o que se move e sexa máis pequeno ca ela (o macho é máis pequeno que a femia e o ve como unha presa).
- os machos decapitados teñen maior rendemento sexual.

Un vídeo mellor que unha descrición...




Nome: Barbantesa
Especie: Mantis religiosa
Familia: Mantidae
Orden: Dictyoptera
Clase: Insecta
Filo: Arthropoda

5/10/11

Fauna cercana: cisnes e lontra na ría do Burgo

A nosa compañeira Violeta, de 1º de ESO, envíanos estes vídeos que grabou coa su familia na ría do Burgo.

O primeiro é un cisne vulgar  (Cignus olor) coas súas crías, á beira da ría. Nos últimos anos son cada vez máis frecuentes nas zonas húmidas galegas como esta ría, a ría de Ferrol, a lagoa de Doniños, Pontedeume ou Sabón (Arteixo) como lugares más cercanos. Aquí, no Burgo déixase ver con toda facilidade na ría. Se queredes máis datos das aves desta ría, recoméndovos o blog dun amigo: avesdelariadoburgo.blogspot.com. Todo un estudo ornitolóxico da ría.

 
O outro vídeo é máis curioso todavía. Unha lontra ("nutria") que está a gozar da pequena lagoa que se construíu á beira do xardín botánico e paseo marítimo do Burgo. Se non eres un experto, observar unha lontra e un privilexio é máis se se ve tan claramente como neste vídeo, a plena luz e tan tranquila. O máis habitual é saber que este mamífero vive aquí polas súas pegadas ou os restos das súas comidas, que adoitan verse un pouco máis "ría arriba". Ultimamente está a botar por terra a crenza de que só vive en augas moi limpas, xa que tanto a ría como o tramo do Mero cara Cambre non están precisamente... ben conservados.


Recoméndovos un percorrido polo paseo marítimo do Burgo, cuns prismáticos para observar toda a fauna que se pode poñer ao voso alcance. E por suposto, semrpre co maior respecto por todos os seres vivos que nos rodean. Moitos deles usan a ría para descansar nas súas migracións e o que menos precisan e que os molestemos e espantemos.

Compañeiros e compañeiras de Andaina observando aves na ría do Burgo

 Grazas, Vio. Que cunda o exemplo.