Mostrando entradas con la etiqueta Biologia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Biologia. Mostrar todas las entradas

14/4/09

Células nai para producir óvulos

Falando de "células nai" e óvulos:

- Abril 2009. Científicos chinos consiguen xerar óvulos a partir de células nai dos ovarios (ata agora se pensaba que o número de óvulos dunha femia era limitado). Esto pode ser fundamental para avanzar nos estudos da infertilidade. Nova aquí. E para que vos fagades unha idea da complexidade, aquí tedes a revista que publicou orixinalmente a nova: Nature Cell Biology.


- Pero é que en decembro do 2006 a noticia era: "Poderíanse obter células nai de óvulos sen fecundar", un gran avance na investigación arredor das famosas células nai. Noticia orixinal na revista Science.

Aproveito para recomendarvos un blog de Xenética (emoitas cousas curiosas relacionadas coa bioloxía) fantástico: Genciencia.