Para ilustrar como se orixinou a Vía Láctea, a nosa galaxia o Centro de Supercomputación de Suiza empregou oito meses en facer os cálculos para esta recreación (nun PC estes cálculos levarían máis de 500 anos de traballo do ordenador).
A partir dunha nebulosa e debido á gravidade, vaise formando a nosa galaxia ata acadar o seu aspecto actual co núcleo, brazos, etc.
Lembrade que no inglés de moitos paises, como os Estados Unidos, "one billion" significa mil millóns.
Mostrando entradas con la etiqueta 4BX01. Mostrar todas las entradas

6/10/12
Máis de Tectónica de placas
Outra web con actividades para comprobar os vosos coñecementos:
Intentade responder ás 15 actividades e enviade a vosa puntuación ou as dúbidas.
Nas actividades de investigación tedes pistas para responder ás tarefas.
ÁNIMO!

As placas litosféricas e as ondas sísimicas
Curso: 4º ESO
Tema1: Tectónica de placas
Aquí temos unha animación en flash na que nos amosan como se desplazan as placas da litosfera ata producir un terremoto. Fixádevos sobre todo as distintas formas nas que as placas interactúan entre elas.

Nesta outra web podedes comprobar como varían as velocidades das ondas sísmicas P e S segundo a capa da Terra que atravesen.
Sérvenos como repaso das características das ondas P e S e como se comporta cada capa da Terra ante unha onda lonxitudinal ou transversal.
A quen se atreva: (as respostas, nas páxina web citadas)
Cales son as 5 placas máis grandes?
Que tipos de ondas superficiais hai?
A que velocidade se desplaza unha onda S na corteza?
Tema1: Tectónica de placas
Aquí temos unha animación en flash na que nos amosan como se desplazan as placas da litosfera ata producir un terremoto. Fixádevos sobre todo as distintas formas nas que as placas interactúan entre elas.

Nesta outra web podedes comprobar como varían as velocidades das ondas sísmicas P e S segundo a capa da Terra que atravesen.
Sérvenos como repaso das características das ondas P e S e como se comporta cada capa da Terra ante unha onda lonxitudinal ou transversal.A quen se atreva: (as respostas, nas páxina web citadas)
Cales son as 5 placas máis grandes?
Que tipos de ondas superficiais hai?
A que velocidade se desplaza unha onda S na corteza?
1/10/12
Preguntades pola gravidade no centro da Terra?
Cando falamos da definición de materia e das súas propiedades, dicimos que "orixina gravidade". E que canto maior é a masa do obxecto, maior é a gravidade que ten. Así, na Terra, tomamos un valor medio de gravidade de 9,8 m/s2.
Logo preguntades: se hai diferentes gravidade no Polo que no Ecuador, xa que a Terra está un pouco aplastada, entón como sería a gravidade no centro da Terra? Como variaría a gravidade no interior dun túnel que atravesara o planeta?
Eu non volo vou contar, pero aquí tedes unha boa resposta, no blog Universo Cuántico, un sitio moi recomendable. Lede: 42 minutos para atravesar o planeta, a 28.00 km/h no centro... e sen aire! Non sería moi recomendable.
Moitos dos datos están sacados de este outro blog Física en la Ciencia Ficción Plus (cantas explicacións de como nos enganan nas películas!).
E cal é o pozo máis profundo que podemos excavar na superficie terrestre? O récord actual está en 12.262 metros de profundidade. Chámase Pozo superprofundo de Kola SG-3 e está no Báltico.

28/9/12
As escalas no Universo
En 1968 Ray e Charles Eames escribían e dirixían o documental "Powers of ten" (Potencias de dez). Amosa as diferentes escalas do Universo en función de potencias de 10 de tamaño, multiplicando ou dividindo por 10 a escala de observación. Cada 10 segundos cambia o punto de vista, desde máis alá da nosa galaxia ata un protón en pouco máis de oito minutos. Na web Powers of Ten podedes disfrutar do vídeo e máis información.
Coas novas tecnoloxías agora podemos facer esta comparación e esta viaxe de diferentes formas interactivas. Aquí van varios exemplos das "escalas do Universo".
Copyright 2012. Magnifying the Universe by Number Sleuth.
Aquí vai outra, máis simple, que chega ata a lonxitude de Planck (10-35):
E esta é a versión de Nikon (pinchade no enlace debaixo):

En HTwins
E esta é a versión de Nikon (pinchade no enlace debaixo):
![]() |
| http://www.nikon.com/about/feelnikon/universcale/index_f.htm |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)