28/9/12

As escalas no Universo

En 1968 Ray e Charles Eames escribían e dirixían o documental "Powers of ten" (Potencias de dez). Amosa as diferentes escalas do Universo en función de potencias de 10 de tamaño, multiplicando ou dividindo por 10 a escala de observación. Cada 10 segundos cambia o punto de vista, desde máis alá da nosa galaxia ata un protón en pouco máis de oito minutos. Na web Powers of Ten podedes disfrutar do vídeo e máis información.







Coas novas tecnoloxías agora podemos facer esta comparación e esta viaxe de diferentes formas interactivas. Aquí van varios exemplos das "escalas do Universo".





Copyright 2012. Magnifying the Universe by Number Sleuth.




Aquí vai outra, máis simple, que chega ata a lonxitude de Planck (10-35):

En HTwins 


E esta é a versión de Nikon (pinchade no enlace debaixo):

http://www.nikon.com/about/feelnikon/universcale/index_f.htm

No hay comentarios: