Cando falamos da definición de materia e das súas propiedades, dicimos que "orixina gravidade". E que canto maior é a masa do obxecto, maior é a gravidade que ten. Así, na Terra, tomamos un valor medio de gravidade de 9,8 m/s2.
Logo preguntades: se hai diferentes gravidade no Polo que no Ecuador, xa que a Terra está un pouco aplastada, entón como sería a gravidade no centro da Terra? Como variaría a gravidade no interior dun túnel que atravesara o planeta?
Eu non volo vou contar, pero aquí tedes unha boa resposta, no blog Universo Cuántico, un sitio moi recomendable. Lede: 42 minutos para atravesar o planeta, a 28.00 km/h no centro... e sen aire! Non sería moi recomendable.
Moitos dos datos están sacados de este outro blog Física en la Ciencia Ficción Plus (cantas explicacións de como nos enganan nas películas!).
E cal é o pozo máis profundo que podemos excavar na superficie terrestre? O récord actual está en 12.262 metros de profundidade. Chámase Pozo superprofundo de Kola SG-3 e está no Báltico.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)


No hay comentarios:
Publicar un comentario