14/11/09

Chuvia de estrelas!

O 17 de novembro temos una cita.

Esa noite terá lugar a "chuvia de estrellas" máis espectacular do ano e dos últimos anos (ou iso se prevé). Son as Leónidas, coñecidas con ese nome porque para observalas mellor debemos mirar á constelación de Leo, cara o horizonte leste. a lúa nova nos facilitará a observación (o millor dito, non a interrumpirá). A previsión é que esa noite se acaden a ver máis de 500 meteoritos á hora, de cor avermellada e unha etela verdosa que se manterá durante uns segundos.

Captura del programa Stellarium para la noche del 17 de noviembre a las 5:00 h

As chuvias de estrelas son en realidade fragmentos de po espacila, xeralmente procedentes dun comenta, de moi pequeno tamaño, pero que ao entrar na atmosfera terrestre quéimanse polo rozamento deixando a estela de luz. Neste caso, a Terra cruzará preto da banda ou fluxo de po que o cometa Tempel-Tutle deixou en 1466 (si, hai máis de 500 anos). O pico da "chuvia" (cando máis estrelas fugaces poderán obervarse) espérase a iso das 21:45 h. Veremos se non falla a previsión.


Este fenómeno é anual (o outro gran momento do ano son as Perseidas de agosto), porén este ano espérase moito máis intenso. Por iso non deberíamos perdelo. Así que: afastémenos un pouco da cidade (para evitar a contaminación lumínico), abriguémenos e poñámonos cómodos, preparemos o nos planisferio... e a gozar! (se é que as nubes nos dan un respiro).

Más información:
- Noticia en Neoteo.
- Stellarium (blog)
- As Leónidas en Wikipedia
- Unha imaxe do Tempel-Tutle

No hay comentarios: