6/10/09

O noso antepasado de 4,4 millóns de anos

Seguro que leíchedes na prensa a "presentación" do antepasado da especie humnana máis antigo. Chámanlle Ardi, abreviatura da especie á que foron asignados o seus restos: Ardipithecus ramidus. Neste enlace tedes a noticia en "El País", xunto a unha imaxe da reconstrución do seu aspecto.




Para situarvos, aquí tedes unha árbore evolutiva dos Homínidos.

Anímovos a facer unha pequena investigación sobre esta nova:

    1.Onde vivía Ardi?
    2.Cal era o seu hábitat?
    3. É tamén antepasado dos chimpancés?
    4.Cando se atoparon os fósiles de Ardi?
    5.Que significa Ardipithecus?

Aquí tedes máis información
- Un arquivo (pdf) con información dos Ardipithecus
- Un artigo nun blog de paleoantropoloxía

No hay comentarios: