O primeiro é un cisne vulgar (Cignus olor) coas súas crías, á beira da ría. Nos últimos anos son cada vez máis frecuentes nas zonas húmidas galegas como esta ría, a ría de Ferrol, a lagoa de Doniños, Pontedeume ou Sabón (Arteixo) como lugares más cercanos. Aquí, no Burgo déixase ver con toda facilidade na ría. Se queredes máis datos das aves desta ría, recoméndovos o blog dun amigo: avesdelariadoburgo.blogspot.com. Todo un estudo ornitolóxico da ría.
O outro vídeo é máis curioso todavía. Unha lontra ("nutria") que está a gozar da pequena lagoa que se construíu á beira do xardín botánico e paseo marítimo do Burgo. Se non eres un experto, observar unha lontra e un privilexio é máis se se ve tan claramente como neste vídeo, a plena luz e tan tranquila. O máis habitual é saber que este mamífero vive aquí polas súas pegadas ou os restos das súas comidas, que adoitan verse un pouco máis "ría arriba". Ultimamente está a botar por terra a crenza de que só vive en augas moi limpas, xa que tanto a ría como o tramo do Mero cara Cambre non están precisamente... ben conservados.
Recoméndovos un percorrido polo paseo marítimo do Burgo, cuns prismáticos para observar toda a fauna que se pode poñer ao voso alcance. E por suposto, semrpre co maior respecto por todos os seres vivos que nos rodean. Moitos deles usan a ría para descansar nas súas migracións e o que menos precisan e que os molestemos e espantemos.
| Compañeiros e compañeiras de Andaina observando aves na ría do Burgo |
Grazas, Vio. Que cunda o exemplo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario