29/1/12

O consumo de enerxía en tempo real

Como comentamos en clase (2º ESO), nesta web de Red Eléctrica Española podedes consultar o consumo de enerxía en tempo real, e tamén consumos anteriores. É moi interesante.

Podedes comparar estas dúas gráficas.
A primeira corresponde a un sábado de agosto de 2011 e a segunda a o sábado 29 de xaneiro de 2012.




Tamén podedes ver que o maior aporte de electricidad fano as centrais nucleares. Nesta web tedes varios esquemas de como funcionan.



Exercicio do ano 2013: podedes responder ás seguintes cuestións:
- A que hora do día dase o máximo consumo?
- Que día das vacacións de Nadal acadouse o máximo consumo?
- Cal foi a máxima porcentaxe de produción con enerxía eólica no mes de decembro de 2012?

No hay comentarios: