O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía ten na Coruña a súa sede principal, inaugurada en maio do ano 2012. Desde o colexio, non nos podíamos perder este valioso recurso educativo, así que alá nos fumos os alumnos (e profesores) de 3º e 4º de Secundaria.
Dous guías (divulgadores) do Museo leváronnos a través das seis plantas, de sala en sala, contándonos os detalles más sobresaíntes e curiosos de cada aparello ou ferramenta.
Sala Miscelánea. Os dous robots déronnos as benvida, coa vitrina de fondo na que se expoñen aparellos clásicos da ciencia e que permitiron o avance desta. Na sala continua vimos trebellos, chintófanos e cachivaches varios, así como un Citroen ("cinco caballos") centenario, o primeiro coche en venderse de forma masiva en Europa.
Sala Mayúsculas. A sala das pezas relevantes como a lanterna da Torre de Hércules (hasta 1904), o primeiro acelerador de partículas español ou o primeiro ordenador.
Sala da Ciencia española. Alberga a exposición de tubos de baleiro de Mónico Sánchez (de principios do século XX) e o mural de grandes inventores. Por suposto, o máis importante foi o inventor do futbolín, galego de Fisterra.
Sala patrimonio ou Tesoros. Seguimos subindo á sala dos Tesoros, na que se expoñen en penumbra algúns dos instrumentos de maior valor histórico: astrolabios, reloxos, ballestina...
Sala Iberia. Espectacular o anaco de ala dun avión, o motor e a cabina do Jumbo Lope de Vega. Puidemos entrar na zona de "primeira clase" e recostarnos nas butacas para ver o vídeo, e comprobar como era a cabina.
Sala de exposicións temporais. As vellas máquinas de escribir do século pasado foron a atracción. Case todos probamos como eran. No resto da sala faise unha comparativa entre as máquinas e as soucións anatómicas producidas pola evolución biolóxica.
Baixamos á seguinte sala, incompleta, que recolle unha serie de aparatos e a súa evolución. Aquí fixemos a foto de grupo... de 4º.
E con isto, e a foto de 3º, rematamos a visita ao MUNCYT. Toda unha mañá de Ciencia!
A visita é gratuíta para todos os públicos, así que os que aínda non o coñezades, non perdades a oportunidade de visitalo.
Galería de fotos deste día:
Máis información:
- Web do MUNCYT.
- Imaxes panorámicas interactivas das salas.
- Web da Fundación de apoio ao MUNCYT.
- Noticia das peripecias do Lope de Vega para chegar a A Coruña.
- Web dos Museos Científicos Coruñeses.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)









No hay comentarios:
Publicar un comentario