16/1/13

Todos a ver aves: The Big Year Spain 2013

"The Big Year Spain 2013" é un concurso para promover a observación e o estudio das aves. O seu formato está importado do que se celebra anualmente en Estados Unidos, por iso se mantén o nome en inglés, aínda que este ano tamén se faga en España.

The Big Year Spain 2013

Consiste en observar o maior número de especies de aves nun ano natural, é dicir, desde o un de xaneiro ata o 31 de decembro. Existen varias modalidades: especies vistas en España, especies vistas nun área determinada, vistas desde casa... ou vistas desde o colexio.

Nesta última é onde está (estamos) apuntado o colexio Andaina. E participamos todos os que formamos a comunidade educativa: alumnos, profesores, pesoal administrativo, familias... A única norma é entregar ao final do ano unha lista coas especies identificadas desde e/ou non colexio. Isto significa que tamén contan as aves que vexamos desde aquí aínda que estén fóra dos límites do colexio. Iso si, temos que identificalas correctamente, o que ás veces non é fácil.

Un resumo das normas sería:
- o concurso comezou o 01/01/2013 e rematará o 31/12/2013.
- contarán as especies de aves que vexamos desde o colexio (ollo, cada especie só conta unha vez, por suposto).
- a identificación ten que ser clara, non vale ter dúbidas.
- os límites do colexio inclúen o edificio, os xardíns valados e o aparcamento de profes; desde calquera destas zonas poderemos "paxarear".
- teñen que ser especies silvestres.

No blog do concurso podedes ler o restos de normas e moita máis información por se estades interesados.

Para axudarnos, no laboratorio do colexio teremos guías e libros de aves, algúns prismáticos e ás veces disporemos dun telescopio. Neste blog abriremos unha nova páxina para que estedes informados dos avances. Calquera dúbida, observación ou comentario podedes mandala ao correo electrónico de contacto: cienciasandaina@gmail.com.

Lembrades os alavancos do noso estanque?
Algúns xa temos experiencia neste tipo de cousas.
Ou polo menos parece que temos experiencia
Profes tamén!
Lembrade que o importante non é ganar, se non mellorar o coñecemento da nosa contorna.
Ánimo e comunicádenos as vosas observacións!

No hay comentarios: