No Ecoparque de Marín temos a posibilidade de percorrer un circuito arbóreo que cumpría con varios dos obxectivos que queríamos cubrir desde Educación Física e Ciencias da Natureza:
- traballo en equipo.
- superación dos nosos medos.
- coordinación.
- actividades no medio natural.
E pensamos que a actividade foi un éxito. Consistía en facer catro percorridos a través de circuitos de cordas enlazando as árbores (piñeiros) do ecoparque. Pero o primeiro era a seguridade, polo que recibimos instrucións moi precisas de como usar os mosquetóns e as poleas e tivemos que pasar un "exame" antes de poder comezar a actividade. Aprobamos todos... algúns con mellores notas que outros!
Os circuitos constaban de diferentes dificultades como pontes de corda, redes, lianas, troncos, tirolinas, etc. Unían entre si as plataformas situadas nas árbores. Cada circuito engadía dificultade ao anterior, non só polos pasos, senon tamén pola altura. Unha actividade que a altura do chan sería sinxela convértese en moi dificultoso polas sensacións de facelo a varios metros, a pesar de estar perfectamente asegurados. E para os que chegaran ao final (tras case tres horas de exercicio intenso), a recompensa era unha tirolina de 120 metros de lonxitude.
Cada un avanzaba ao seu ritmo, en pequenos grupos, nos que cada un de nos animaba ao compañeiro ou lle daba instrucións de como pasar. Esperándonos (ou desesperándonos) e compartindo as situacións. E mentras, que facían os profes? Desde logo non estaban tomándose un café!
Para rematar, un descansiño antes de ir ata o lago Castiñeiras, no que intentar atopar un caché (geocaching), busca que resultou infrutuosa.
Este é o resumo en fotos:














No hay comentarios:
Publicar un comentario