Aquí tedes aos alumnos e alumnas de 4º ESO.
Entre a Educación Física e as Ciencias da Natureza propuxémonos que tiveran un punto de vista diferente do ecosistema fluvial e das actividades en contacto directo coa natureza. Así que alá nos fumos a facer ráfting. Con estas pintas...
Para iso contamos con a experiencia da empresa Arrepións, que nos ofreceu un descenso duns 9 km polo río Miño, na zona do concello de Arbo, pola "raia" entre Portugal e Galicia. Esta vez o río levaba bastante auga, polo que os rápidos foron menos rápidos.
Fixemos a navegación en dúas balsas, formando dous equipos cuxa principal dificultade era remar de xeito coordinado, sobre todo cando a corrente e as ondas eran máis fortes. Menos mal que os nosos guías fixeron case todo o traballo.
Desde o punto de vista do medio natural, observar o río desde dentro te dá unha perspectiva nova. O bosque de ribeira, os ameneiros sobre todo, cubren o cauce, mentras que os fentos, como o fento real, tapizan as orillas. Acompañáronnos as lavandeiras, merlos acuáticos, garzas, gaivotas patiamarelas... Tamén tivemos ocasión de observar as centenarias pesqueiras de lamprea.
Por desgraza, resultou imposible levar a cámara na balsa, polo que as fotos son as que nos proprocionou arrepions ao final da actividade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario