5/9/13

Barbantesas no xardín

Estes días están aparecendo moitas barbantesas (Mantis relixiosa) nos xardíns do colexio. Ao final do verán e comezos do outono as barbantesas afánanse na reprodución e en atopar un lugar no que poñer os seus ovos. Estade atentos a unha especie de escume a modo de cuspe que solidifica coma se fora cartón. Estas son as ootecas ou postas de ovos. En cada unha delas pode haber ata 300 ovos.


A barbantesa acada un ano de vida durante o cal muda ata seis veces. O aspecto das súas patas dianteiras, raptoras, delata o seu modo de caza. Permanece inmóbil á espera de que unha presa (calquera insecto como moscas, saltón, bolboretas, etc.) pase polo seu radio de acción, momento no que dispara as súas patas, capaces de atrapala mesmo ao voo. Os pequenos ganchos curvados axudan a evitar que se escape. Está dotada dun gran sentido da vista que lle permite desenvolver esta técnica, con dous ollos compostos e, no medio deles, tres simples. Ademais a cabeza pode xirar hata 180º.

Podemos encontralas en diferentes tons de verde e marrón: as dúas cores apareceron xa no colexio. Isto depende do ámbito no que realizan a súa última muda, adaptándose a cor dominante.

E o comportamento reprodutivo? Aínda que é certo que durante o apareamento a femia pode comer o macho, de menor tamaño, isto non escesivamente frecuente (danse máis casos en catividade que en liberdade). Entre as explicacións tradicionais que se deron:

- a femia ataca e devora todo o que se move e sexa máis pequeno ca ela (o macho é máis pequeno que a femia e o ve como unha presa).
- os machos decapitados teñen maior rendemento sexual.

Un vídeo mellor que unha descrición...




Nome: Barbantesa
Especie: Mantis religiosa
Familia: Mantidae
Orden: Dictyoptera
Clase: Insecta
Filo: Arthropoda

4 comentarios:

Juan Carlos Valerón dijo...

Se poñen 300 ovos, no xardin vai haber 300 mantis por exemplo porque xa atopamos 3

Juan Carlos Valerón dijo...

as hembras comense aos machos mantis?

ciencias andaina dijo...

De todos os ovos que poñen, unha gran parte nen sequera chegan a nacer. Ademais, tamén se dá canibalismo entre as recén nacidas: as que primeiro nacen poden comerse ás máis pequenas que nacen despois.

Anónimo dijo...

O canibalismo é frecuente nas especies animais?