22/10/14

O pole que non paraba quedo

Sabedes o que é o movemento browniano?

Durante máis de dezaoito séculos houbo un fenómeno que intrigou aos observadores das leis físicas. As partículas de carbón en auga ou os grans de pole en auga, mesmo as partículas de po que observamos nun raio de luz, non paraban de moverse cando se observaban cunha lupa ou un microscopio. O seu movemento era aleatorio, sen sentido, polo que non podían deberse a correntes na auga, arrastres...

En 1827 Robert Brown (que fixo unha viaxe en barco como naturalista, do mesmo xeito que Darwin), describíu este fenómeno a partir de grans de pole flotando na auga vistos a través dun microscopio. De aí ven o nome: movemento browniano.Pero non foi quen de dar unha razón a este movemento. Por que se movían así as partículas.


Houbo que esperar ata 1880 e logo 1900 para atopar unha teoría convicente, basada na teoría cinética dos fluídos. O movemento das partículas débese aos continuos choques que as partículas do fluído, a auga (máis pequnas), realizan contra elas. Estes choques provocan un movmento ao azar.

En 1905, un famoso físico deu unha explicación matemática. Imaxinades quen? O mismísimo Albert Einstein. Co seu método demostrou a existencia dos átomos, a súa vibración en función da temperatura e a explicación do número de Avogadro (un concepto utilísimo en química).


Para observar este movemento, fumos ao laboratorio.
- Preparamos os microscopios.
- Sobre un portaobxectos depositamos unha gota de auga.
- Raspamos xices de cores ata obter po en partículas pequenas que deixamos na gota de auga, pero sen permitir que se apelmazaran.
- Cubrimos co cubreobxectos e esperamos a que cesaran as correntes no fluído.
- Observamos con diferentes aumentos, ata que con 600 aumentos puidemos grabar o seguinte vídeo.


Pode observarse como as partículas vibran e se moven aleatoriamente sen que sigan ningún patrón e sen ningunha causa aparente. Conseguimos observar o movemento browniano que demostra a teoría cinética.

Neste blog tedes unha explicación moi clariña e completa.

No hay comentarios: