Lembrades o vídeo grabado pola NASA na superficie da lúa no que unha pluma e un martelo caían á mesma velocidade? Creo que todos sabemos que, en ausencia de aire todos os obxectos caen á mesma velocidade por acción da gravidade.
Aquí tedes a versión moderna de ese experimento, feito nunha cámara de baleiro (da que se extrae todo o aire). Neste caso os protagonistas son unha bola de bolos e unha pluma. Caerán á vez? En menos de catro minutos podedes comprobalo.
Entón, a que se debe que os obxectos caian a distinta velocidade? Ao rozamento co aire. A velocidade de caída (a aceleración) en ausencia de rozamento é independente da masa dos obxectos.
Por certo,o vídeo forma parte da serie Human Universe, da BBC, moi recomendable. Neste enlace de YouTube tedes o capítulo 1.
Moitas grazas Sara polo enlace.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario