1/3/15

Escoitas este son?

Lembrades que frecuencias de son pode escoitar o oído humano? Entre 20 e 20 000 Hz.
Pero segundo vai avanzando a nosa idade, perdemos calidade auditiva e algunhas frecuencias, as máis alta, deixan de ser audibles.


Unha compañeira envíanos este enlace para que comprobedes a vosa audición.

Podedes divertirvos poñéndollo aos vosos pais e nais e comprobando se o escoitan. Cambiade o volume dos altavoces. É posible que a vos acabes molestándovos mentras que os maiores nin se enteren.

Está basado no "tono mosquito", unha frecuencia que intentou utilizarse para "disolver" reunións de adolescentes sen que os adultos se viran afectados.

Podedes probar tamén un xerador de frecuencias de son online, como este que é moi sinxelo:

Xerador de frecuencias de son


Outra forma de comprobalo é con este video:


No hay comentarios: