Aquí tedes algunhas páxinas web recomendadas para repasar e practicar a Formulación e Nomenclatura de Química inorgánica.
1) Formulación química. Unha web moi completa pero tamén moi sinxela. Como usala?
- Pode servirvos para comprobar se estades respondendo correctamente aos exercicios de práctica poñendo a fórmula ou o nome do composto no cadro de busca (parte superior dereita). A web levaravos a unha ficha do compostos no que aparece a fórmula, o nome en diferentes nomenclaturas e algúns datos interesantes do composto.
- Podedes ir ao enlace de Ejemplos. Aparecen as fórmulas dos compostos máis habituais de cada grupo (óxidos, peróxidos, hidruros...).
2) FisQuiWeb. Nesta animación en formato flash podedes navegar por diferentes aspectos da formulación. Ao final de cada bloque, despois de conceptos, nomenclatura e formulación, hai un apartado de exercicios para facer formulación e nomenclatura. Despois de practicar podedes ver a solución para comprobar os vosos acertos.
10/4/15
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario