Este vídeo de youtube condensa en pouco máis de seis minutos o ciclo celular e o proceso de división celular (a mitose).
Ao pé do vídeo aparecen os subtítulos. Ollo con algúns dos nomes que nos os traducimos un pouco diferentes. Entre todos iremos facendo unha lista cos nomes equivalentes.
E neste outro tedes o do proceso de meisos ou división reducional.
Os vídeos pertencen a unha serie de animacións en 3D da web Dr. Prodigius. Botádelle un ollo a este web porque ten moitas outras animacións interesantes de Bioloxía.
Mostrando entradas con la etiqueta Celula. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Celula. Mostrar todas las entradas
8/2/15
21/10/12
A célula... fácil, fácil
Para os que querades botarlle un ollo ao básico sobre a célula...
O vídeo amosa, sobre un modelo tridimensioanl dunha célular, o mínimo que debemos coñecer... e algo máis:
- As diferencias entre unha célula vexetal e unha animal.
- Que é unha célula eucariota.
- Os principais orgánulos celulares.
- Como é o núcleo, con detalles sobre o ADN.

4/10/12
A vida interior dunha célula
Fantástica animación. Neste vídeo pódese ver a acción dun glóbulo branco do sangue dentro dun vaso sanguíneo. Logo atravesamos a membrana celular e vemos o interior da célula e como un microtúbulo "arrastra" un gran de lípidos (graxa). Logo vemos a superficie do núcleo e como "escapa" o ARN que forma colares. Os ribosomas (verdes) sintetizan proteina (amarelo) a partir da información do ARN. Máis tarde varias vesículas fusiónanse co aparato de Golgi (azul verdoso) e as proteina son expulsadas ao exterior da célula. O vídeo remata co glóbulo branco aplanándose para poder pasar entre dúas células do capilar.
Impresionante! Algo así debe ser o interior das células se o puidéramos ver en vivo e en directo.
A descrición completa do que se ve no vídeo a tedes aquí.
A célula e os niveis de organización dos seres vivos
Aquí tedes unha web de interese para o tema de "A organización do corpo humano"
Web con contidos sobre a célula, que comeza cunha explicación dos niveis de organización. Tamén podedes avanzar en todos os apartados do índice, que son importantes neste tema: tipos de célula, partes dunha célula, diferenzas entre célula animal e vexetal... En cada apartado hai unha actividade interactiva. Animádevos a resolvelas e enviar unha captura de pantalla cos vosos resultados. E no menú superior, no apartado "autoevaluación" podedes comprobar os vosos avances.

![]() |
| A célula, unidade de vida |
A célula en 3D
Nesta web podedes observar unha célula en 3D, movela para observala millor, seleccionar algúns orgánulos, diferenciar a célula animal da vexetal, etc.
É posible que necesitedes instalar algún plugin, pero paga a pena. As descricións dos orgánulos están en inglés. Se algún de vos se anima, traducídeo e o comentamos.
Aquí hai outra versión:
É posible que necesitedes instalar algún plugin, pero paga a pena. As descricións dos orgánulos están en inglés. Se algún de vos se anima, traducídeo e o comentamos.
Aquí hai outra versión:
Un reto... celular
Tema1: A organización do corpo humano
A estrutura da célula
Creo que necesitamos repasar un pouco a estrutura da célula e os orgánulos que a forman.
Propóñovos o seguinte reto:
Nesta páxina web cóntannos un montón de cousas sobre a célula, pero ademais hai unha serie de actividades que non sei se seredes capaz de rematar. Algún ou algunha de vos pode enviarnos unha captura de pantalla coas actividade resoltas? Quen será a primeira ou primeiro en resolvelo?
- Proba nº 1: Os orgánulos subcelulares (a atoparedes no apartado "01. Estructura de la célula".
- Proba nº 2: As funcións da célula (a atoparedes no apartado "02. Funciones de la célula".
- Proba nº 3: Sopa de letras (a atoparedes no apartado "03. Niveles de organización...".

Suscribirse a:
Entradas (Atom)