Mostrando entradas con la etiqueta Pmateria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pmateria. Mostrar todas las entradas

19/4/15

Táboa periódica dos elementos químicos

Nesta web tedes unha táboa periódica interactiva para que curioseedes.

Para guiarvos un pouco, aquí vos deixo algunhas preguntas para responder (fixádevos ben que son moi sinxelas):
Enlace á táboa periódica
- Só dous elementos son líquidos a temperatura ambiente, cales? 
- Para que se utiliza o gas Argón? 
- De onde ven o nome de Iridio? 
- Que elemento sólido ten a temperatura de fusión máis alta?

A por elas!

22/11/13

Exercicios de conversión de unidades

Aquí tes unha páxina web na que podes crear os teus propios exercicios para practicar a conversión de unidades no sistema internacional.



Escolle: Exercicios de todas as unidades comúns no sistema métrico-con decimales
Cada vez que fagas "click" xerará unha nova páxina de exercicios con solucións para que podas comprobar os teus acertos e erros.

Lembra que a práctica é fundamental!

29/1/13

A materia e as súas propiedades

Para repasar os conceptos da materia e as súas propiedades, esta web vaivos ser útil:

Probade a facer as actividades e mandade os vosos resultados. Na última parte podedes traballar a separación de substancias e mesturas.

24/10/12

As propiedades da materia: o tema resumido nun documento

Neste documento en pdf que podedes descargar tedes un estupendo resumo do tema.
A primeira páxina son as "Ideas claras" e nas seguintes tedes unha serie de actividades moi sinxelas para un primeiro achegamento aos conceptos básicos.


Se tedes algunha dúbida, consultádea.

(O arquivo está tomada da web da Plataforma tecnolóxica educativa da Comunidade de Madrid, EducaMadrid)

Tema 2: Propiedades da materia


1º ESO
Tema 2: Propiedades da materia
Mapa conceptual

1/10/12

Arquímedes e a coroa de ouro de Hierón

Nesta web podedes comprobar por vos mesmos o experimento que lle valeu a fama a Arquímedes: como descubríu que a coroa era falsa?

Tedes ademais outros experimentos que nos axudan a comprender os conceptos de masa, volume, densidade...

Hierón II, rei de Siracusa no século III a.C. e parente de Arquímedes, tiña suficiente confianza nel para suscitarlle problemas aparentemente imposibles. Certo orfebre fabricoulle unha coroa de ouro. O rei non estaba moi seguro de que o artesano obrase rectamente; podería terse gardado parte do ouro que lle entregaron e substituílo por prata ou cobre. Así que Hierón encargou a Arquímedes pescudar se a coroa era de ouro puro. Arquímedes non sabía que facer. O cobre e a prata eran máis lixeiros que o ouro. Se o orfebre engadise calquera destes metais á coroa, ocuparían un espazo maior que o dun peso equivalente de ouro. Coñecendo o espazo ocupado pola coroa (é dicir, o seu volume) podería contestar a Hierón, o que non sabía era como pescudar o volume da coroa. Arquímedes seguiu dando voltas ao problema nos baños públicos. De súpeto púxose en pé como impulsado por un resorte: deuse conta de que o seu corpo desprazaba auga fóra da bañera. O volume de auga desprazado tiña que ser igual ao volume do seu corpo. Para pescudar o volume de calquera cousa bastaba con medir o volume de auga que desprazaba. Arquímedes correu a casa, gritando unha e outra vez: "¡Atopeino, atopeino!". Encheu de auga un recipiente, meteu a coroa e mediu o volume de auga desprazada. Logo fixo o propio cun peso igual de ouro puro; o volume desprazado era menor. O ouro da coroa fora mesturado cun metal máis lixeiro, o cal dáballe un volume maior. O rei ordenou executar ao orfebre.