Mostrando entradas con la etiqueta atmosfera. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta atmosfera. Mostrar todas las entradas

10/4/13

Consultas meteorolóxicas

Aquí tedes dúas páxinas para facer as consultas meteorolóxicas e observar a evolución dos anticiclóns e borrascas.

1) Meteogalicia: a información meteorolóxica de Galicia. Fixádevos nos diferentes mapas que podedes ver.



E se ides ao menú da esquerda (formación>meteoescolas), aquí atoparedes os datos que imos recollendo na estación meteorolóxica do colexio.

2) Axencia española de meteoroloxía: no menú, ide a El Tiempo>Predicción>Mapa de isobaras. Hai poderedes ver a predición en forma de mapas de isobaras... e xa sabedes como interpretalas. E se lle dades ao botón de animación, o veredes... animado.


E picando no mapiña de abaixo á esquerda (rodeado cun círculo bermello), veredes a evolución das masas de aire.

4/4/13

A capa de ozono: proba os teus coñecementos


Nesta páxina podes atopar datos do buraco da capa de ozono.
Ao final, podes poñer a proba os teus coñecementos.

13/2/13

As capas da atmosfera

Aquí tedes un resumo das capas da atmosfera.
Sinxelo, pero ten todo o necesario.


Esta animación é parte dun conxunto de contidos. Se queredes ver máis sobre a atmosfera, podedes ir á páxina principal e picar sobre "Atmosfera".



Boa navegación!

Tema 5 / 1º ESO: A atmosfera


1º ESO
Tema : A atmosfera
Mapa conceptual