Mostrando entradas con la etiqueta Bioloxia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bioloxia. Mostrar todas las entradas

4/2/12

Richard Dawkins: "El gen egoista"

Aínda que prefiro os libros en papel, neste caso atopamos a versión en pdf do libro comentado en clase "El gen egoista" de Richard Dawkins. Para aqueles que tiñades especial interese en botarlle unha ollada, este é un dos enlaces: El gen egoista.


Se vos parece podedes comentar neste mesmo blog algunha parte ou frase que vos chame especialmente a atención. Tentarei reler algúns apartados para destacárvolos.




E na biblioteca do colexio, tedes este outro libriño, centrado na evolución, pero con datos moi resumidiños da historia da Terra.
Título: Origen y evolución de las especies
Autor: Alicia Bernabé, M. Teresa Jiménez-Ortiz, Beatriz Moya
Colección: Ciencia Hoy
Editorial: Santillana
Año: 1998
ISBN: 84-294-5359-8

Saúdos e boa lectura.

6/10/09

O noso antepasado de 4,4 millóns de anos

Seguro que leíchedes na prensa a "presentación" do antepasado da especie humnana máis antigo. Chámanlle Ardi, abreviatura da especie á que foron asignados o seus restos: Ardipithecus ramidus. Neste enlace tedes a noticia en "El País", xunto a unha imaxe da reconstrución do seu aspecto.




Para situarvos, aquí tedes unha árbore evolutiva dos Homínidos.

Anímovos a facer unha pequena investigación sobre esta nova:

    1.Onde vivía Ardi?
    2.Cal era o seu hábitat?
    3. É tamén antepasado dos chimpancés?
    4.Cando se atoparon os fósiles de Ardi?
    5.Que significa Ardipithecus?

Aquí tedes máis información
- Un arquivo (pdf) con información dos Ardipithecus
- Un artigo nun blog de paleoantropoloxía